Encrucilladoen galego
Resolve tres encrucillados consecutivos. O tempo acumúlase entre niveis. Aprende vocabulario mentres xogas.
Encrucillado en xogo
Partida rematada
Ranking
Cargando…
Como se xoga
-
1
Tres niveis
O xogo consta de tres encrucillados consecutivos con dificultade crecente: Fácil (6 palabras), Medio (9) e Difícil (13). O tempo é continuo e non se reinicia; o que sobre nun nivel acumúlase para o seguinte.
-
2
Seleccionar palabra
Podes seleccionar unha palabra tocando a súa pista (Horizontal ou Vertical) ou directamente unha cela do encrucillado.
Se a cela pertence a dúas palabras, toca de novo para cambiar a dirección.
-
3
Escribir letras
Introduce as letras co teclado físico ou co teclado en pantalla.
Cando completas unha palabra, valídase automaticamente. Tamén podes confirmala premendo Enter.
Backspace elimina letras e Esc cancela a selección actual.
-
4
Puntuación
- Cada letra correcta suma 10 puntos.
- Ao completar todos os niveis, engádese un bono de 5 puntos por cada segundo restante.
-
5
Final
A partida remata ao completar os tres niveis ou cando se esgota o tempo. Ao final verás un resumo coa túa puntuación e poderás gardala no ranking público.
Aviso legal e privacidade
Privacidade
Esta web non require rexistro nin solicita datos persoais. Se gardas unha partida no ranking público, almacénase só o nome que ti escribas e a puntuación.
Para evitar abusos do ranking gardamos un identificador técnico anónimo (hash da IP + navegador) que non permite identificarte. Pódese rotar e invalidar en calquera momento.
Cookies e analítica
Empregamos as seguintes cookies:
- encrucillado_sid (técnica): cookie de sesión para protexer o envío de partidas. Necesaria para que o ranking funcione. Non é de seguimento.
- _ga, _ga_XSVJ6QPBX1 (Google Analytics): permítennos saber cantas persoas xogan e que pantallas usan, para mellorar o servizo. Os datos envíanse anonimizados a Google.
Se non queres que se envíen datos a Google Analytics podes activar o modo "Non rastrexar" do teu navegador, usar un bloqueador como uBlock Origin, ou non visitar esta web.
Licenzas
- Base léxica: CC BY-NC 4.0.
- Código fonte: GPL-3.0.
- Tipografías: Merriweather e Open Sans, ambas Open Font License.
Autoría
Encrucillado en galego é un xogo creado por As Chaves da Lingua.